Wapo mu wapo....

martes, 3 de junio de 2008

Exame


A historia que vou contar a continuación é completamente real e ningunha personaxe foi inventada:
Vivía en Sanxenxo unha rapaza non moi pequena nin moi maior, eu diría que entre 15 e 18 anos, chamada Raquel, era unha rapaza intrépida, aventureira e gustáballe moito facer expedicións polos arredores de Sanxenxo. Tiña unha cabeleira loira moi longa, ollos azuis moi claros e preciosos, coma se fosen dúas xemas moi delicadas. Un día normal, dunha semana normal, dun mes coma outro calquera, saíu a rapaza coma sempre dar unha das súas típicas camiñatas por os arredores da cidade. Cando sen ton ni son apareceulle da nada unha casa. Unha casa enorme, con tres ou catro torres, unhas árbores sen ningunha folla, a pesar de estar apuntiño de chegar o verán, e unha ventá con luz, só unha, nin dúas nin tres, só unha. nunha casa tan tan grande só unha ventá. Raquel quedouse alí ollando para a casa sen moverse, case sen respirar e inmóbil... por non mover non movía nin as palpebras, coma se estivese hipnotizada. Ó cabo de 30 minutos Raquel deu a volta e marchou, os pais estarían preocupados, porque xa era moi tarde.
Ó día seguinte Raquel, que non durmira nada pola noite pensando en porque, na casa aquela tan grande, unha soa luceciña, tiña que contarllo a alguén e díxollo a súa mellor amiga Laura. Esta díxolle que non dixera nada que esa misma noite irían ata alí e tamén lle dixo que lle preguntara a nai se sabía quen vivía naquela casa misteriosa. Raquel con moito disimulo díxollo a nai e esta dixo que esa casa eran duns ricos lugueses pero que xa morreran e que agora mesmo non vivía ninguén na casa. Esa mesma noite Raquel e Laura foron ata o mesmo lugar onde onte estivera Raquel e cando chegaron a mesma ventá seguía coa luceciña alí, só esa. Decidiron entrar e achegáronse a porta a cal abriuse antes que el ponderan subir polas escaleiras que había xusto diante. Achegáronse , empurrárona e entraron. Cando a porta, sen previo aviso, pechouse para non se volver abrir endexamais. Raquel e Laura nunca máis apareceron, as autoridades buscaronnas pola casa pero alí non había ninguén...

FIN

3 comentarios:

Mónica dijo...

Ola a historia está ben pero co título que ten non se sabe que exame é ata que se le. A ver se aprovas técnicas.

Somoneta dijo...

boas erik...
que tal a proba de aceso?
bueno o conto que eu estou aqui para comentar a tua historia examen ou como lle queiras chamar, non para saber de ti, bueno iso tamén jeje. Bueno a historia e esas das que encganchan a verdade que me gustou moito... un bico coidate

xenevra dijo...

Non vou dicir nada das ausencias da última semana, pero lembra que é necesario que traias a libreta porque é tirar o curso só en 15 días. Ben, como queiras. O luns pola mañá aínda estás a tempo de deixarma no centro se queres, vale??
Espero que o pasaras ben na revisión de Salou :P:D:D